Cumaribo

Cumaribo é un concello de Colombia que forma parte do departamento de Vichada. A súa xurisdición ten unha extensión de 65.193 km², o que o converte no meirande concello de Colombia, tan extenso como Sri Lanka. De feito, é máis grande que 125 países do mundo, e máis extenso ca 28 departamentos de Colombia. Isto débese á decisión da Asemblea Departamental no ano 1996 de suprimir as antigas áreas non municipalizadas do Departamento de Vichada para crear o concello de Cumaribo. A vila foi fundada por José Nicolino Mattar en 1959.


Developed by StudentB